A asociación

Amiga é unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro que nace en 2023 co fin de promover e impulsar a innovación e desenvolvemento da imaxe dixital e a animación en Galicia. Os nosos obxectivos:

  • O mantemento, administración e rehabilitación de espazos de produción, formación ou difusión do cinema de animación, videoxogos e novas tecnoloxías, así como a investigación e desenvolvemento de proxectos de animación galega e feita en Galicia.
  • A defensa, difusión e conservación do Patrimonio Cultural Cinematográfico do cinema de animación e creación dixital.
  • Desenvolvemento de todo tipo de actividades dirixidas a satisfacer as demandas e iniciativas culturais, laborais e sociais dos asociados, individualmente ou en colaboración con outros colectivos de similares fins culturais e socios, así como non socios que participen dos obxectivos da asociación participando nas súas actividades.

vantaxes de asociarte

  • Se che interesa a animación e a arte dixital este é o teu lugar. Un punto de encontro de profesionais e afeccionados á animación.
  • Colaborar e participar activamente nos proxectos promovidos pola asociación.
  • Descontos na utilización de espazos para os teus proxectos.
  • Prioridade e descontos nas actividades organizadas a asociación.
  • Descontos nas formacións impartidas pola asociación.

asociación cultural amiga

queres ser socio?

Converterse en membro de Amiga implica unha cota de entrada de 25€ e unha cota anual de 20€, un investimento en beneficio da túa comunidade. Podes descargar e completar o formulario e envialo a info@amigaspace.com. Unha vez recibámolo, comunicarémonos contigo no menor tempo posible para iniciar o teu emocionante traxecto como parte da nosa organización.