curso stop motion profesional
Amiga Space
En Amiga Space traballamos desde os piares e os comezos do cinema, o que constitúe hoxe en día a sétima arte. Por iso os nosos cursos de formación son estudos de animación en estado puro, e o Stopmotion é un deles. Convidámoste a coñecer Amiga Space, o lugar onde as ideas se converten en realidade.
DESEÑO, MODELADO E ANIMACIÓN en stop motion
DeSEÑO
Formación en deseño de personaxes e escenarios, para unha mellor e maior facilidade á hora de modelar os teus personaxes e construír os teus propios escenarios.

MODELADO
Aprenderás a modelar e construír escenarios e puppets desde 0. Utilizando diversas técnicas de modelado e distintos materiais, como tamén os esqueletos para poder manipular os personaxes para a súa futura animación.













animación
Tamén coñecida como animación fotograma a fotograma, o stop motion consiste en xerar ou crear unha simulación de movemento continuo con obxectos estáticos inanimados por medio do fotografado e consecución dunha serie de imaxes fixas sucesivas.
Neste curso aprenderás a animar personaxes coa técnica de stopmotion. Cut-out, pixilación, animación de puppets e todo tipo de obxectos os cuales na imaxinación está o límite.

SOFTWARE DRAGONFRAME
Aprendizaxe e uso profesional do software Dragonframe, o que empregaremos para fotografar aos personaxes no proceso de animación no set de rodaxe.
Software profesional utilizado pola maioría de estudos de animación a nivel mundial.
postproducción
Neste proceso da creación dunha obra audiovisual de animación ensinarémosvos a manipular o material fotografado, as imaxes, a cor, o son, a música, engadiremos efectos, eliminaremos chromas e mesturaremos todos estes elementos para poder producir finalmente un máster final da vosa obra.


producións
os demos de barro
avetimología
Desde Amiga Space realizamos diversas producións cinematográficas en Stop motion como a longametraxe Os Demos de Barro, nomeada aos premios Goya no ano 2023 ou a curtametraxe Avetimología realizado e rodado recentemente no propio centro Amiga Space e galardoado no festival Medina del Campo.

curso stopmotion profesional
aprende a facer cinema de animación ao estilo máis purista
Descarga o temario completo agora e descobre o curso profesional de stopmotion onde te ensinaremos a realizar unha obra audiovisual con esta aclamada técnica desde o comezo ata o final. A túa aventura creativa fotograma a fotograma comeza cun só clic.
convértete nun profesional da animación stop motion
Queres entrar no marabilloso mundo da animación?
Solicítanos información e contestarémosvos con todo detalle acerca das características deste fantástico curso orientado para persoas dinámicas e creativas, tanto sen coñecementos como con estudos sobre a materia. O curso está deseñado segundo as túas aptitudes e coñecementos na materia.
Agora é o momento de aprender e poder traballar nun sector que cada día busca novos artistas especializados nesta purista e incrible técnica de animación. Aprende a facer as túas propias creacións audiovisuais totalmente desde 0.